Saltar ao contido

Valdeorras

Vilamartín

DOMINIO VITIVINÍCOLA POR EXCELENCIA

A vila das adegas agochadas

Regado polo río Sil, no chan fértil de Vilamartín reina o viño e atópase a sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

As súas famosas adegas subterráneas e centenarias pasan desapercibidas a ollos de quen as busca, pois delas só percíbense unhas curiosas chemineas que sobresaen da terra.

vilamartin de valdeorras

Non te perdas

vilamartindevaldeorras-cova

Covas de Vilamartín

Descubre as adegas escavadas na terra ou pedra, na que durante séculos elaborouse e conservou o viño da rexión. Posúen un incalculable valor etnográfico e histórico. Nelas organízase cada ano unha gran festa con degustacións e actuacións musicais.

Área recreativa do Bañadoiro

Grande espazo con zona de baño mediante un pantalán ao río Sil que, dende 2023, conta con todo tipo de servizos, incluído aloxamento, lecer e restauración. Perfecto para facer unha parada no teu Camiño de Inverno e gozar das marabillosas vistas da contorna.

vilamartindevaldeorras-pasarela-penouta

Pasarela da Penouta

Moi popular entre locais e peregrinos, esta ponte colgante é un dos emblemas de Vilamartín. A estrutura que une este municipio coa aldea de Penouta cruzando o río Sil, permitirache gozar de vistas únicas e da gran beleza paisaxística da contorna.

Aldea de Cernego

Un enclave privilexiado, un pintoresco núcleo de vivendas típico das montañas de Valdeorras que convida a perderse. Coñece máis de preto a vida das súas xentes e a tradición que descansa nesta preciosa aldea rodeada de monte, castiñeiros e pequenas fontes.

Contacto

Enderezo postal

Rúa da Constitución nº8, 32340, Vilamartín, Ourense

Teléfono

988 300 001

Enderezo electrónico

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.