Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

Rubiá

Vía Nova romana recuperada na Serra da Enciña da Lastra

Xacemento arqueolóxico

Este camiño romano foi construído durante o imperio de Vespasiano e o seu fillo Tito, inaugurándose entre os anos 79-80 d.C., segundo pódese apreciar a día de hoxe nos máis de 10 miliarios atopados nela. Trátase dunha das primeiras estradas construídas no interior de Galicia, unindo Braga e Astorga por máis de 325 quilómetros. O tramo que pasa pola Serra da Enciña da Lastra, foi reconstruído recentemente e é un dos máis rechamantes, non só pola súa impresionante contorna, onde se poden ver á perfección os cortes verticais trazados a pico na roca da montaña, tamén porque é un dos que mellor conserva as características típicas das vías romanas orixinais.

Este histórico percorrido de 2,5 quilómetros de distancia comeza na Serra da Enciña da Lastra, onde se pode admirar o famoso Parque Natural, onde a súa particular flora e fauna, así como os seus impresionantes miradoiros, deixan a calquera pampo, e termina na aldea do Real, unha vila pequena, pero con moito encanto. Natureza e historia entrelazadas.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.