Contacto
Enderezo postal
Coordenadas GPS
Horario
Teléfono
Enderezo electrónico
Esta construción medieval, cuxa torre data do século XV, foi erixida sobre un antigo castro, do que recentemente se atoparon algúns restos. O antigo castelo foi destruído durante as invasións irmandiñas e sufriu varias reformas. Chegou a utilizarse como cárcere no século XVIII e coa supresión dos señoríos no século XIX caeu en desuso, chegando a un estado de abandono e ruína.
O conxunto arquitectónico, composto por fortaleza e torre, foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1994, coa categoría de Monumento. Nese mesmo ano pasou a ser propiedade do Concello do Barco de Valdeorras que, posteriormente, levou a cabo unha profunda rehabilitación deste complexo patrimonial e arquitectónico.
Na actualidade, este espazo atópase aberto ao público e alberga no seu interior unha exposición composta por paneis informativos onde se conta a historia deste espazo, así como o seu papel dentro do desenvolvemento do municipio e do conxunto da comarca. Dende o alto da torre pódese gozar dunha fantástica vista da contorna.