Contacto
Enderezo postal
Coordenadas GPS
Horario
Entrada
Teléfono
Páxina web
Este santuario ten a súa orixe no culto á Virxe das Ermidas, que se veneraba en primeira instancia nunha pequena capela. Tras unha curación milagrosa que obrou na zona, o Bispo de Astorga, Alonso Messía de Tovar, mandou construír un gran santuario, digno de tal milagre, que chegou a ser un dos centros de peregrinación máis importantes de Galicia.
A orixe exacta da imaxe da Virxe non se puido datar con exactitude, pero a talla en madeira cromada que se atopa baixo toda a decoración superior podería ser de entre os séculos XIII e XIV. Outras das personalidades máis importantes na historia do Santuario foron Frei Nicolás de Madrid, que en 1655 asume a dirección das obras do recinto e Domingo Xosé Rodríguez Blanco, administrador do Santuario, quen non puido ver terminada a súa obra antes de morrer.
No século XVIII o conxunto monumental do Santuario das Ermidas estaba practicamente terminado, aínda que, tras a caída do Antigo Réxime, e coa perda de poderes da igrexa, o Santuario perdeu gran parte das súas rendas. En 1846, volve retomar importancia ao converterse en Escola de Primeiras Letras e, posteriormente, en 1944 adquire a categoría de Seminario Menor.
O Vía Crucis é un dos signos de identidade deste santuario que representa as estacións do “Calvario” que corresponden cos episodios da Paixón de Cristo. Composta por pequenas capelas de pedra abovedadas que conteñen figuras de madeira maciza, policromadas a tamaño natural. Todos os anos o Venres de Pascua, a procesión realiza este percorrido deténdose fronte a cada unha das estacións.
O ano 1909 foi unha data que os habitantes da zona lembrarán sempre, xa que, tras varios días de choivas fortes, parte da montaña desprendeuse, ocasionando numerosos danos, entre eles, o arraso da quinta estación do Calvario, que hoxe segue baleira, pois a talla barroca do seu interior non se puido recuperar nunca.