Recursos relixiosos
A capital espiritual de Valdeorras atópase no Bolo, fogar dos señores da guerra e os fieis á Virxe, con sede no Santuario da Nosa Señora das Ermidas, unha xoia escavada na pedra, nacida dunha lenda, que semella precipitarse ao río Bibei, rodeada de viñedos.

Santuario da Nosa Señora das Ermitas
A fe fixo deste punto uno dos centros de peregrinación galegos. Primeiro, uns pastores que atoparon unha bela talla da nosa Señora levantaron unha capela. Máis tarde, en 1624, un milagre de Santa María fixo curar ao bispo de Astorga, Alonso Mejía de Tovar, quen mandou construír un gran templo na súa honra.
Pero a natureza é caprichosa. Un día de 1909 a montaña ruxiu e a vida das súas xentes paralizouse co desprendemento da escarpada ladeira, que marcou o lugar ata os nosos días. Referente do barroco en Galicia, o conxunto acolle hoxe unha igrexa con pórtico e un atrio con cruceiro, a Árbore da Salvación.

Outros templos singulares
Tamén nunha contorna privilexiada, eríxense as igrexas románicas da Proba (O Barco) e Mones (Petín), que merecen unha parada no teu roteiro. Aínda que, se hai un monumento singular é a Parroquia de Fontei (A Rúa), construción que lembra ao estilo tan propio do arquitecto catalán Antoni Gaudí.
Para os peregrinos que cruzan a comarca polo Camiño de Inverno, é obrigatorio encomendarse á Virxe do Camiño (Rubiá), situada nunha pequena ermida que antigamente serviu de refuxio. A imaxe sacra é levada por mulleres da zona vestidas con traxe tradicional nunha gran festa singular.