Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

A Veiga

Praia fluvial dos Franceses

Recurso fluvial

Contacto

Enderezo postal

A Veiga, Ourense

Coordenadas GPS

42.24544722210551, -7.034067681484374

Praia fluvial de area fina, equipada con antucas e zona recreativa á sombra dunha arborada. Sitúase na marxe esquerda do río Xares, na súa desembocadura no Encoro de Prada, xusto antes da ponte para acceder ao núcleo urbano da Veiga.

Esta área recreativa, situada en plena montaña, recibe o seu nome dos emigrantes franceses, que eran os que a utilizaban cando volvían de vacacións a este municipio turístico.

Durante os meses de verán é posible alugar piraguas, kaiaks, táboas de pádel surf ou mesmo os servizos de embarcacións como o Catamarán da Alberguería, que percorre o encoro da man dun guía coa historia propia da construción do mesmo e da vila que se mergulla baixo as súas augas.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.