Contacto
Enderezo postal
A Veiga, Ourense
Coordenadas GPS
42.251135, -7.033747
A Praia fluvial do Coiñedo sitúase na Veiga, nunha zona de gran valor paisaxístico e natural. As augas do Encoro de Prada bañan esta área recreativa, que conta con area branca e fina e está equipada con antucas, duchas, merendoiro e un embarcadoiro no que durante o verán é posible alugar kaiaks ou táboas de pádel surf.
Na súa contorna atópase tamén unha zona de autocaravanas dotada con todos os servizos, un bar, unha aula de natureza e un paseo sinalizado coñecido como Bosque das Esculturas.