Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

O Barco

Pincheira de A Fervenza (Portomao)

Recurso fluvial

Contacto

Enderezo postal

Aldea de Fervenza 5, 32315 Fervenza, Ourense

Coordenadas GPS

42.39796718278086, -7.029578104531631

Localizada moi próxima ao lugar de Fervenza, esta fervenza ten unha caída duns 25 metros de altura. Este espazo natural caracterízase pola súa gran beleza, representada por un salto de auga que cae sobre unha parede de lousa cuberta de fentos.

Para acceder a ela, existen varias posibilidades. Unha delas levarache ata o lugar de Fervenza dende onde hai que camiñar algo máis de 4 quilómetros (ida e volta) por un carreiro, cun percorrido de dificultade baixa, que che guiará por fermosas paraxes ata alcanzar este enclave. Outro dos itinerarios, duns 14 quilómetros (ida e volta), comeza na Área Recreativa do Salgueiral no Barco. Dende aquí, deberás seguir a sinalización da Vía Nova para chegar ata Arnado onde verás un singular castelo. Continuando cara á Pincheira, atravesarás campos de viñedos e subirás ata o miradoiro da Fervenza para despois acceder a este salto de auga.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.