Contacto
Enderezo postal
Parque do Malecón, 32300 O Barco, Ourense
Coordenadas GPS
42.4149647, -6.9847542,834
Horario
Aberto 24 horas
Entrada
Libre
Un dos espazos de lecer por excelencia da localidade do Barco de Valdeorras é o Paseo fluvial do Malecón. Durante o percorrido, pódese seguir o río Sil e gozar de fermosas vistas das súa ribeira, combinando as cores propias da estampa a pé do curso fluvial con diferentes aves.
Neste paseo atópanse diferentes servizos, como bares e restaurantes -con amplas terrazas-, parques infantís, skate park, carril bici, e ata unha praia fluvial. Esta última é un dos puntos de encontro da poboación para refrescarse no verán.