Starlight
Onde viven as estrelas
Toca o ceo en Valdeorras, cume de Galicia. Declaradas Destino Starlight dende 2015, as montañas da Veiga son un dos mellores lugares do mundo para observar as estrelas. Testemuña de grandes historias, a natureza é a única forza que rexe neste lugar.
No manto estrelado eríxese o Centro Astronómico de Trevinca. Inaugurado en 2021, este observatorio de visita obrigada conta coa tecnoloxía máis punteira para o avistamento do Universo e a investigación científica, ademais dun planetario, salas expositivas e un simulador de voo.
Centro Astronómico de Trevinca
Miradoiro de Tablilla das Lagoas
Miradoiro do Rañadoiro
Completa esta experiencia mística nos miradoiros da Tablilla das Lagoas e O Rañadoiro, localizacións privilexiadas rodeadas dunha fermosa contorna natural, ideais para a fotografía nocturna, que no pasado albergaron os ritos máis ancestrais baixo o firmamento.