Contacto
Enderezo postal
Petín, Ourense
Coordenadas GPS
42.3830577100367, -7.1234499785443495
Coa súa recente construción e ampliación en 2023, este balcón ao Encoro de San Martiño é unha das xoias do municipio. Este percorrido á beira do río Sil iníciase no antigo dique e esténdese ao longo de 830 metros nos que se pode admirar Petín e A Rúa dende diferentes perspectivas ata chegar á Ponte da Cigarrosa. Tras a incorporación da iluminación nocturna na súa última reforma, calquera que o transite poderá gozar deste agradable percorrido enmarcado polo bosque de ribeira, así como o cantar dos paxaros que o habitan, tanto de día como de noite.