UNHA RELIQUIA EXCAVADA NA ROCHA
Medievo, milagres e misterio
O río Bibei é caprichoso nesta localidade, con viñedos en terrazas, algo moi típico da Ribeira Sacra pero pouco usual en Valdeorras.
Descubre este lugar de culto, emprazamento defensivo da comarca e os sucesivos acontecementos con final inesperado que encobren ao Bolo e a vida das súas xentes.

Non te perdas

Castelo do Bolo
Toda gran vila ten a súa fortaleza, e o Bolo non podía ser menos. Datado do século XV, aínda que os seus fundamentos son medievais, na actualidade foi restaurado cun centro de interpretación para coñecer a súa historia e contemplar as marabillosas vistas dende a súa torre.
Santuario das Ermitas
Inicialmente como capela, un milagre da Virxe fixo erixir un gran templo na súa honra. O culto á nosa Señora fixo deste punto uno dos centros de peregrinación galegos, pero o desprendemento da montaña en 1909 consolidou o lugar como unha xoia na pedra.


Muíños das Ermidas
Son parte da historia cotiá do Bolo e dos seus habitantes. Os tres muíños xunto ao río Bibei están hoxe restaurados para expoñer os seus antigos usos ao público: unha pequena fábrica hidroeléctrica, un muíño fariñeiro para moer o cereal e outro dedicado á produción de aceite.
Mirador de Chandoiro
Percorre a extensa rede de miradoiros e detente neste balcón perfecto para vivir durante todo o ano as cores do manto de viñedos da D.O. Valdeorras. Tamén poderás admirar as terras que caen máis aló deste dominio con pasado medieval.

Contacto
Enderezo postal
Rúa César Conti nº33, 32373, O Bolo, Ourense
Teléfono
988 323 030