BENVIDOS Á CAPITAL DE VALDEORRAS
Centro neurálxico da comarca
O nome da capital é aínda un misterio, pero O Barco teno todo para facerche vivir unha experiencia completa.
Ancorado entre o río Sil e as montañas, hai quen aínda pensa nunha carabela navegando entre os seus carballos. Goza da cultura, gastronomía e natureza que desprende esta vila.

Non te perdas

Torre e Fortaleza do Castro
Erixido sobre un antigo castro, o castelo foi destruído na Revolta Irmandiña. Tras varias reformas, utilizouse como cárcere, pero coa supresión dos señoríos caeu en estado de abandono ata a súa recuperación, xa actual, como espazo de divulgación.
Ponte romana de Éntoma
Un dos pasos máis destacados do Camiño de Inverno. A singularidade do seu arco de medio punto atrapa a locais e peregrinos. Di o vento que a ponte foi construída con grandes pedras de lousa traídas aos ombreiros polos mesmos romanos.


Igrexa de Santa María da Proba
De estilo románico e liñas sobrias, ten a súa orixe na Idade Media. Cunha soa nave rectangular, presenta unha cuberta a dúas augas en lousa. O templo foi reformado en diversas ocasións, a máis importante, no século XVI.
Paseo fluvial do Malecón
Ideal para o verán. Conta con numerosos servizos de lecer e mesmo praia fluvial. Sigue o curso do río Sil, deléitate coas fantásticas vistas das ribeiras e observa varias aves nesta refrescante viaxe.

Contacto
Enderezo postal
Praza do Concello nº1, 32300, O Barco de Valdeorras, Ourense
Teléfono
988 320 202