Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

O Bolo

Museo Yosso

Museo

Contacto

Enderezo postal

Rúa César Conti, 6, 32373 O Bolo, Ourense

Coordenadas GPS

42.305891, -7.101217

Horario

De xoves a domingo

Entrada

Só con cita previa, confirmar visitas por teléfono

Teléfono

606 017 105

Enderezo electrónico

contacta@yosso.es

Páxina web

Falar do Bolo é falar das súas xentes, e sen dúbida, unha das personalidades máis coñecidas da zona é José Porto García. Este artista, que destacou na poesía e a pintura, nace en Valbuxán, vila que lle da apelido ao seu nome artístico como poeta: Xosé de Valbuxán.

Posteriormente, na súa época de pintor, tamén utilizaría outro nome, quizais o máis coñecido para a maioría da xente: Yosso.

Os seus primeiros estudos transcorreron entre conventos e mosteiros que os escolapios tiñan ao longo de toda España, aínda que aos 19 anos, decidiría colgar a sotana e os estudos en diversos ámbitos para volver á súa aldea, aínda que tras a pouca aceptación por parte da súa familia, aos 20 anos mudouse a París onde desenvolvería a súa faceta máis artística.

Tras realizar pequenas exposicións en Madrid, París e Londres, así como percorrer Italia da man dunha bolsa, serían en Ourense, coa presentación do seu libro “Yosso – O Cisne de Valbuxán”, onde conseguiría o seu máximo triunfo.

Actualmente, dende 2022, gran parte da súa obra está concentrada neste museo digno de visita, unha exposición en continua renovación, xa que son moitas as obras que aínda non viron a luz e van sendo desveladas aos poucos polos seus familiares no museo. Indubidablemente, un artista que deixou pegada na historia galega.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.