Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

O Bolo

Muíños das Ermidas

Muíño

O municipio do Bolo está cheo de historias dos seus habitantes e moitas delas, pódense ver a través dos traballos de restauración e conservación dalgúns recursos turísticos. Un exemplo diso son o conxunto destes tres muíños situados xunto ao río Bibei.

O primeiro é un antigo muíño hidroeléctrico que actualmente está restaurado e en pleno funcionamento. Reconvertido en fábrica de luz, que fai funcionar o muíño, permite mostrar aos visitantes o procedemento usado para a produción eléctrica.

O segundo deles é un antigo muíño fariñeiro utilizado para a elaboración de fariña no século XVII, unha xoia do pasado na que se moía o cereal. Atópase nun lugar idílico, na marxe dereita do río Bibei.

O terceiro é un muíño de aceite, unha construción curiosa e non tan habitual do século XIX, con máis de 200 anos de historia. Nel, recuperouse a maquinaria de elaboración da pasta de oliva e carpintería, así como os muros, portas, xanelas, cristais e peches. Sen dúbida, a visita destes tres muíños é altamente recomendable.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.