Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

O Barco

Mosteiro e Igrexa de San Miguel de Xagoaza

Monumento relixioso

Contacto

Enderezo postal

Barrio Ferradal, 1, 32317 O Barco, Ourense

Coordenadas GPS

42.43472327565555, -7.003940969827655

Teléfono

988 108 282

Enderezo electrónico

godeval@godeval.com

Páxina web

Redes sociais

Trátase dunha das xoias do patrimonio histórico do Barco de Valdeorras. A igrexa de San Miguel data do século XII e nela pódese ver a cruz de Malta sobre a súa porta principal, lembrando que este lugar foi administrado pola Orde de San Xoán de Xerusalén. Destaca a porta sur da igrexa, caracterizada por unha ábsida semicircular, típico da arte románica.

O mosteiro, datado do século XVIII, conta no seu interior cun pequeno claustro, portificado no seu andar inferior e flanqueado por galerías de madeira acristalada no seu parte superior. Na actualidade, esta construción foi reconvertida nunha moderna adega que elabora viños da variedade godello. As modernas instalacións contan con varias salas para o desenvolvemento de diversos actos culturais, ademais de albergar o propio labor vitivinícola, destacando unha adega-cova escavada na roca.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.