Contacto
Enderezo postal
A Veiga, Ourense
Coordenadas GPS
42.172276223905975, -6.943689616684745
Situado na fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora, o Miradoiro Estelar da Tablilla das Lagoas é un dos puntos máis destacados da Veiga, certificado como Destino Turístico Starlight, para a contemplación nocturna do firmamento.
Ademais de contar cunha impresionante panorámica do ceo estrelado, sen ningunha contaminación luminosa, este miradoiro tamén destaca pola súa fermosa contorna natural. Como o seu propio nome indica, no que se atopa unha lagoa formada pola acumulación da auga da choiva e do desxeo, que adoita acoller a visita de numerosos animais como corzos, raposos e mesmo lobos, e polo que se inicia a Ruta Integral de Serra Calva (PR-G 201).