Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

O Bolo

Miradoiro de Tuxe

Miradoiro

Contacto

Enderezo postal

Tuxe, 32375 O Bolo, Ourense

Coordenadas GPS

42.253861, -7.134663

Situado entre a poboación de Cambela e Tuxe. Dende este miradoiro podes observar parte do Macizo Central, coa Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda ao fondo como punto referente e vertebrador do territorio. Toda esta zona conta con varias figuras de protección para garantir a conservación dos seus altos valores naturais (ZPVN, ZEC e Rede Natura 2000). Con todo, a panorámica que observas é en verdade unha paisaxe cultural modelada durante séculos por unha estreita relación entre o ser humano e o medio. Cada centímetro da paisaxe que observas ten unha historia propia que narra a estreita relación do ser humano con estas terras. De entre todas destaca a que convertería As Ermidas nun dos centros de peregrinación máis importante do noroeste peninsular, pero tamén a vida cotiá dos poboados prehistóricos no alto das montañas hoxe ocultos pola vexetación e o paso do tempo. Restos de galerías e canles que lembran a importante actividade mineira da zona en época romana ou terrazas para a explotación agrícola, feitas coa suor daqueles que co seu traballo traballaron estas abruptas pendentes.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.