Contacto
Enderezo postal
Chandoiro, 32372, O Bolo, Ourense
Coordenadas GPS
42.320734, -7.146484
Este miradoiro é o balcón perfecto para admirar o manto de viñedos da D.O. Valdeorras que cobre gran parte da zona dende unha perspectiva única, que cambia de tonalidades segundo a época do ano no que o visites.
Dende este punto, situado en Chandoiro, tamén podemos deleitarnos con paisaxes moi interesantes dos arredores, como Manzaneda, Larouco, o río Xares, A Rúa e o Courel.
Sen dúbida, tanto se se visita o Bolo, como calquera outra zona do destino Valdeorras, percorrer a súa extensa rede de miradoiros é unha das actividades que non se deben perder. É igual a época do ano na que os visites.