Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

A Rúa

Miradoiro de Barranco Rubio

Miradoiro

Contacto

Enderezo postal

Calle Orense, 32350 A Rúa, Ourense

Coordenadas GPS

42.411403474191985, -7.132240239311681

Para gozar dunha incrible panorámica das terras de Valdeorras, a visita do Miradoiro de Barranco Rubio é obrigatoria. Situado a uns 800 metros de altitude, atópase na cima dunha ladeira con forte pendente sobre o val do río Sil.

Dende aquí pódese admirar lugares da redonda, como a Serra do Cereixido, que pecha a comarca de Valdeorras pola súa banda norte, con altitudes que a asimilan ao Courel, continuación xeográfica da mesma. Mirando cara ao sur, pódese ver os núcleos da Rúa e Petín, ademais do singular Encoro de San Martiño e as grandes extensións de viñedo que cobren as ladeiras deste val aproveitando o máximo potencial destas terras para a elaboración dos viños da D.O. Valdeorras.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.