Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

Rubiá

Miradoiro de Alta da Escrita (Biobra)

Miradoiro

Contacto

Enderezo postal

32311 Biobra, Province of Ourense

Coordenadas GPS

42.480186848652316, -6.849744736744966

Este miradoiro é un dos nove situados no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, concretamente na aldea de Biobra. A súa situación moi próxima ao centro de visitantes fai que sexa o destino perfecto se queres facer un pequeno roteiro a pé, na cal atoparás paisaxes de infarto como Pena Trevinca, as Médulas ou a Serra de Castela e León. Tamén dispón dun fácil acceso en coche, o que o fai o miradoiro perfecto no que gozar dunha vista única de todo o parque e o río Sil sen dificultades, apta para todos os públicos. Nel, atoparás un panel informativo no que se ilustra a fauna e as localizacións que se poden admirar dende o alto, así mesmo, tamén atoparás unha pequena área de descanso feita en pedra.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.