Contacto
Enderezo postal
32314 O Barco, Ourense
Coordenadas GPS
42.40430559594224, -6.945087823977648
A uns 6 quilómetros da capital municipal atópase este miradoiro, que conta cunhas excepcionais vistas tanto do Barco de Valdeorras e do río Sil como, mesmo, de parte das Médulas (León). Estas últimas son unhas antigas minas de ouro explotadas polos romanos e declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Ao punto máis alto deste miradoiro, situado a uns 700 metros, chégase a través da estrada N-536, dende O Barco en dirección a Sobradelo, para despois seguir o desvío con indicacións a este enclave. Calquera que se desprace en coche, deberá deixalo no propio lugar de Alixo, fronte ao centro social da localidade, para despois continuar camiñando uns 200 metros e gozar dunha fermosa panorámica da comarca de Valdeorras.