Contacto
Enderezo postal
Coordenadas GPS
No alto da ladeira do val do río Xares atópase este impoñente miradoiro dende o que se pode observar unha das panorámicas máis completas do municipio. O Bolo, Cabeza de Manzaneda, O Courel, A Rúa, Larouco ou Santoalla (aldea coñecida pola longametraxe galega “Sempre Xonxa”), son algúns dos puntos que poderás gozar dende este observatorio.
De vir en coche, polo camiño chégase ao miradoiro da Salesa, onde se atopa o “banco máis raro do mundo”, unha curiosa construción esculpida no tronco dunha árbore por un escultor local.
O miradoiro da Fraga eríxese na parte máis alta da parroquia de San Martiño, chegando ata este punto pola estrada que sae de Celavente. Xunto ao resto de miradoiros próximos do Bolo, o visitante poderá coleccionar perspectivas únicas de diferentes puntos de Valdeorras que pagan moito a pena.