Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

Carballeda

Minas de Valborraz (Casaio)

Mina

Contacto

Enderezo postal

32336, Carballeda, Ourense

Coordenadas GPS

42.29362574287053, -6.765898401844822

Cando falamos de que Carballeda é un lugar histórico, non só referímonos aos latentes vestixios das épocas romana e medieval que podemos observar en gran parte da zona, senón que tamén ás referencias da súa época máis escura: as guerras. Bo exemplo diso son as misteriosas Minas de Valborraz, nas que se extraía volframio. No pasado, neste lugar convivían presos políticos, obreiros, directivos das minas e gardas civís. As minas pasaron por 3 etapas. A primeira coa explotación e extracción belga dos recursos (1913-1923), a segunda como campo de concentración para os militares republicanos (1937-1945), e a última, marcada pola fame negra da xente e o estraperlo deste mineral. Esta paraxe tamén foi inspiración para películas, libros e exposicións, de visita obrigada en Valdeorras.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.