Contacto
Enderezo postal
Campo da Feira de Sobradelo, 32330, Carballeda, Ourense
Coordenadas GPS
42.41424603267422, -6.912461433373212
Na beira do río Sil e coa Ponte de Sobradelo como peza fundamental da contorna, atópase o Malecón. Este paseo ao carón do río funde á perfección o pasado e o futuro de Sobradelo. Na actualidade, sufriu unha recente renovación na que se utilizou a pedra como eixo fundamental da reforma, así como a construción de bancos de formigón, perfectamente harmónicos coa contorna. Está situado moi preto do centro urbano e das piscinas naturalizadas, polo que este bucólico paseo convértese nunha parada obrigada a calquera hora do día.