Saltar ao contido

Valdeorras

Larouco

SEÑORÍO CASTREXO E CULTURA VINÍCOLA DE SÉCULOS

Onde vive a maxia

Historia e paisaxe fúndense neste municipio escondido en Valdeorras, recentemente incorporado á rede de Pueblos Mágicos de España.

O legado castrexo, os seus vales entre terreos escarpados e longas extensións de vide e unha cultura moi propia do viño, fermentado, almacenado e compartido en covas convertidas en adegas naturais, son os seus grandes atractivos.

Larouco-intro

Non te perdas

larouco-covas-seadur

Covas de Seadur

Con séculos de historia, estas covas serviron como adegas de viño e deron acubillo a feirantes e artesáns da rexión. Hoxe ofrecen experiencias enolóxicas, ademais da Ruta das Covas de Seadur na primavera con degustacións e música.

Castro do Castrillón

Ideal para os amantes da arqueoloxía, neste enclave histórico da cultura castrexa eríxese un importante sistema defensivo que ofrece unha fantástica panorámica. Sentiraste dono e señor das terras de Larouco.

larouco-castro-o-castrillon

Viñedos

Referente da produción vinícola da D.O. Valdeorras, os viñedos de Larouco acollen grandes casas do viño como Pago dos Capeláns, Ladeira Sacra ou Cova da Xabreira, esta última situada no conxunto etnográfico das Covas de Seadur.

Casa Grande de Freixido

Descubre todos os recunchos deste impresionante pazo datado do século XVII. Esta construción conta cun edificio principal de máis de 800 m2 e dependencias adxacentes con vestixios da pegada romana no municipio.

Contacto

Enderezo postal

Rúa do Comercio nº10, 32358, Larouco, Ourense

Teléfono

988 348 002

Enderezo electrónico

Redes sociais

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.