Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

A Veiga

Lagoa glaciar de Ocelo

Recurso fluvial

Contacto

Enderezo postal

A Veiga, Ourense

Coordenadas GPS

42.22781888967081, -6.8723137327582435

Situada nos Montes de Pena Trevinca, un espazo natural protexido pola Rede Natura 2000, a Lagoa de Ocelo forma, xunto á Lagoa da Serpe, o peculiar conxunto glaciar de Pena Trevinca.

O excepcional deste espazo radica na súa formación, case única en Europa, que tivo lugar na época cuaternaria por mor do desxeo dun casquete no alto da montaña en lugar de facelo a partir dun val glacial, que é o máis habitual. Deste xeito, o xeo derretido na cima comezou a caer pola ladeira da montaña, formando no seu descenso numerosas linguas de auga que acabaron dando lugar á lagoa.

Ademais de polas súas augas cristalinas, a Lagoa de Ocelo destaca tamén pola beleza da súa contorna, no que os visitantes poderán albiscar a flora e a fauna característica da zona, como a flor de San Xosé (Narcissus Pseudonarcissus Nobilis), cervos, corzos e xabarís.

Pódese acceder á lagoa a pé polo roteiro PR-G 200, de 16 quilómetros de lonxitude, que parte dende a aldea da Ponte. Trátase dun percorrido de montaña de dificultade media, polo que se recomenda ir preparados con roupa e calzado adecuados, ademais de avituallamento.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.