Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

A Veiga

Lagoa glaciar da Serpe

Recurso fluvial

Contacto

Enderezo postal

A Veiga, Ourense

Coordenadas GPS

42.231927930951265, -6.84459220192416

Do mesmo xeito que a Lagoa de Ocelo, a Lagoa da Serpe forma parte do conxunto glaciar de Pena Trevinca, un espazo protexido pola Rede Natura 2000.

A singularidade deste humidal radica na súa formación, que tivo lugar por mor da acumulación de auga procedente do desxeo dun casquete glaciar situado no alto dos Montes de Trevinca fai máis de 2,5 millóns de anos, no Cuaternario.

O misticismo tamén está presente na contorna, pois unha popular lenda conta que na lagoa residía unha serpe xigante que se transformaba nunha fermosa muller durante as noites de lúa chea.

O espazo destaca pola gran beleza da súa contorna, no que é posible avistar fauna e flora de gran relevancia, como a xanzá (Genciana), unha planta cuxas raíces teñen usos medicinais; ou a Drosera Rotundifolia, unha planta carnívora, de entre 3 e 5 centímetros de diámetro. Esta especie carnívora seduce aos insectos coa súa cor vermella e atrápaos cunha substancia pegañenta e doce que as recubre.

O roteiro PR-G 200, que parte dende a aldea da Ponte, no municipio da Veiga, permite chegar ata a Lagoa da Serpe a través dun percorrido circular de 16 quilómetros e dificultade media. Recoméndase acudir con roupa e calzado de montaña, avituallamento e consultar a meteoroloxía antes de saír a camiñar.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.