Contacto
Enderezo electrónico
Cabeza Vella
Coordenadas GPS
42.350970, -7.147110
O Lagar das Penelas, na Cabeza Vella, é un antigo lagar rupestre descuberto en Larouco, concretamente, na parroquia de Freixido. O viticultor Mario Yáñez atopouno en 2021 durante as súas investigacións sobre a historia vitivinícola do territorio e, dende entón, crese que estes lagares poden ter a súa orixe na época tardía romana, xa que está formado por dous depósitos de gneis, de carácter moi rústico e está moi ben construído.
Actualmente, forma parte do proxecto coñecido como “Ruta Romana do Viño”, que crea un percorrido histórico sobre a cultura do viño, onde se atopan os outros lagares anteriormente localizados, como o das Pedreiras.