Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

Petín

Igrexa de Santa María de Mones

Monumento relixioso

Contacto

Enderezo postal

Camiño de Abaixo, 5, 32370 Santa María, Ourense

Coordenadas GPS

42.37836554004682, -7.109049253881983

Esta particular igrexa, construída entre os séculos XVII e XVIII sobre un castro romano, coroa Petín dende as alturas. A súa historia está estreitamente ligada coa historia romana, xa que nesta contorna atopáronse dende tellas ou moedas ata cerámica de terra sigilata hispánica.

A súa arquitectura pertence ao románico tardío e, do mesmo xeito que a maioría de igrexas da zona, conta cunha planta de cruz latina e unha torre con escaleira de caracol, cuxas vistas chegan ata o alto de Cabeza de Manzaneda. Unha das cousas que máis chama a atención son as dúas pedras que suxeitan os seus muros: nunha, atópase un gravado romano do xogo do tres en raia, e na outra parte un ara romana. No seu interior, debemos destacar o Altar Maior, así como os retablos de Cristo e Santa Lucía.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.