Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

O Barco

Igrexa de Santa María da Proba

Monumento relixioso

Contacto

Enderezo postal

Camiño Igrexa, 26, 32317 O Barco, Ourense

Coordenadas GPS

42.41996372280203, -7.011513001960596

Localizada na parroquia da Proba, a menos de 3 quilómetros da capital de Valdeorras, esta igrexa, de estilo románico e liñas sobrias, ten as súas orixes no século XII, aínda que sufriu varias reformas. Disque, para a súa construción -en cachotería e con perpiaños de granito para reforzar as esquinas-, utilizáronse pedras dunha igrexa situada en terreos próximos.

O edificio conta cunha soa nave rectangular, pechada no seu lado oriental por unha cabeceira coa mesma planimetría. Presenta unha cuberta a dúas augas en lousa. A igrexa foi reformada en diversas ocasións. De feito, orixinariamente, contaba con dous puntos de acceso -uno na fachada occidental e outro no costado meridional.

Un destes accesos foi pechado despois da profunda transformación que sufriu o inmoble no século XVI. Constatouse que esta capela tamén dispoñía dunha sancristía encastada no seu exterior, pero que foi suprimida na última das reformas.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.