Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

Vilamartín

Igrexa de San Pedro de Correxais

Monumento relixioso

Contacto

Enderezo postal

32340 Correxais, Province of Ourense

Coordenadas GPS

42.399815898583604, -7.059646872696556

IGLESIA DE SAN PEDRO DE CORREXAIS

A Igrexa de San Pedro de Correxais, parroquia de Vilamartín de Valdeorras, data do século XVI e conta con sucesivas ampliacións. Destaca a singularidade arquitectónica da súa torre cadrada sita aos pés das tres naves. Relevancia especial teñen as bóvedas de cruceiría en madeira con pinturas barrocas. No seu interior, atópase un impresionante retablo de talla barroca realizado polo artista Jerónimo Salazar, xunto con outras obras atribuídas a José Ferreiro.

CONVENTO DOS TRINITARIOS DESCALZOS DE CORREXAIS

O Convento dos Trinitarios Descalzos foi fundado en 1727 en virtude da bula papal de Benedicto XIII e a licenza do Conde de Ribadavia, coa condición de ensinar no propio convento gramática, artes e moral, ademais de administrar os sacramentos e axudar a ben morrer. Tanto así que, durante a invasión napoleónica en 1812 converteuse en hospital militar, dirixido polo abade Ruíz de Padrón. Tras a desamortización de Mendizábal pasou a mans privadas. Hoxe, en estado ruinoso, forma parte da Lista Vermella do Patrimonio Histórico Español.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.