Contacto
Enderezo postal
Coordenadas GPS
Teléfono
Enderezo electrónico:
A tamén coñecida como Igrexa de Fontei construíuse entre os séculos XIX e XX e considérase unha das xoias da arquitectura relixiosa da comarca de Valdeorras.
Pertencente á Diocese de Astorga, este templo lembra a singular obra de Antoni Gaudí. A construción presenta unha fachada principal flanqueada por dúas impoñentes torres recubertas de lousa. O interior está iluminado por diferentes xanelas colocadas a modo de lancetas.
A historia desta igrexa comeza no século XIX, cando A Rúa comezaba a súa expansión como municipio polo paso da liña de ferrocarril Palencia-A Coruña. Por aquel entón, Fontei contaba cunha capela dedicada á Virxe da Expectación, que quedou pequena. Foi entón cando a familia da Casa Grande cedeu o terreo onde se situaría o novo templo.
Cada mes de maio, a igrexa engalánase para celebrar a festa en honra á Virxe de Fátima e congrega numerosos fieis.