Contacto
Enderezo postal
Coordenadas GPS
Horario
Entrada
Este humidal, localizado entre A Rúa e Petín, destaca polo seu frondoso bosque de ribeira, que conta con grande importancia e valor ecolóxico. Cunhas dimensións de algo máis de 1,5 quilómetros de longo e 600 metros de ancho, o Encoro de San Martiño foi creado artificialmente na década de 1950, pola construción dunha presa onde se embalsan as augas do río Sil.
Na actualidade, é un dos lugares máis destacados da comarca de Valdeorras, sobre todo dende o punto de vista ornitolóxico, xa que aquí catalogáronse ata 600 especies de aves. Entre as máis comúns, destacan a cegoña branca, o miñato negro, a garza real, o martín pescador ou o mergullón lavanco.
Outro dos atractivos deste enclave é a posibilidade de practicar distintos tipos de deportes náuticos. Ademais, conta con roteiros de sendeirismo ao seu arredor para gozar de fermosas paraxes a pé de río.