Contacto
Enderezo postal
Lugar de Seadur, Larouco, Ourense
Coordenadas GPS
42.374641, -7.162000
Páxina web
As Covas de Seadur son un conxunto de covas naturais que se utilizaron durante séculos como adegas para a conservación do seu famoso viño amparados pola D.O. Valdeorras. Polas súas condicións, adecuadas á humidade e a temperatura, estas grutas tamén se utilizaban para conservar os caldos, así como tamén foron zona de acubillo para feirantes e artesáns.
Actualmente, algunhas destas covas foron restauradas e convertidas en atractivos turísticos, ofrecendo así experiencias enolóxicas que atraen visitantes interesados no turismo gastronómico e vinícola. Ademais, cada ano celébrase a Ruta das Covas de Seadur, un evento enolóxico con degustacións, percorridos polas mesmas e charanga de música e baile.