Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 31°C
Portada » Co gallo das Letras Galegas, descubre todas as lendas que se agochan en Valdeorras!

Co gallo das Letras Galegas, descubre todas as lendas que se agochan en Valdeorras!

Pueblos

Valdeorras é terra de lendas. Aproveitando que este vindeiro 17 de maio celebramos as Letras Galegas, adicadas este ano ás cantareiras e a poesía popular oral do país, dende #DestinoValdeorras queremos achegarte algunhas das historias máis místicas que envolven a comarca. Contos e rumores, un por cada concello, para que coñezas o noso territorio. Acompáñasnos?

Ruta das lendas de Valdeorras

Cántara da Moura (A Veiga)

En este frondoso bosque vive unha moura, unha fermosa muller loura que pon a proba a bondade dos que frecuentan a zona, premiándoos con moedas ou converténdoos en pedra segundo o seu comportamento.

Teixadal de Casaio (Carballeda)

Outra arborada, a máis antiga de Galicia, na que aínda se escoitan os berros dos últimos defensores celtas da Gallaecia fronte a Roma, e o lamento dos prisioneiros republicanos da Guerra Civil española.

Castelo de Arnado (Vilamartín)

A finais do século XIX, Don Pedro quixo demostrar á súa esposa Dona Pilar canto a quería construíndolle un palacio digno dunha raíña, e así foi como a condesa pasou toda unha vida nesta fortaleza ata os 105 anos.

Igrexa de Fátima (A Rúa)

Disque o mismísimo arquitecto catalán Antoni Gaudí, ou un discípulo directo seu, erixiron esta obra arquitectónica tan singular que, sen dúbida, debes visitar no teu roteiro de película por Valdeorras!

Santuario da Nosa Señora das Ermidas (O Bolo)

O que envolve este santuario é un misterio. Dende a talla da Virxe ata os milagres que se reportan, como as famosas choivas de 1909 que provocaron o desprendemento da montaña desta xoia na rocha.

Vía Nova romana (Rubiá)

Percorre o tramo recuperado desta estrada que unía Braga con Astorga ao seu paso polo Parque Natural de Serra da Enciña da Lastra. Toda unha vivencia que te vai transportar ao esplendor da Valdeorras romana.

Banco Miradoiro ao Río Sil de Fervenza (O Barco)

Xa se sabe que pasa cos marcos na nosa comunidade. Ás veces, hai disputas entre veciños. Este lugar cunhas estupendas vistas vén simbolizar a convivencia entre a veciñanza do Barco e Vilamartín.

Ponte de Portomourisco (Petín)

Hai tempo, os habitantes atoparon nel un neno abandonado, e decidiron traelo á aldea para coidalo. Ao día seguinte, o rapaz volveu ao mesmo punto, e así todos os días cada vez que o trasladaban ao pobo.

Castro de Cabanelas (Larouco)

Primeiro poboado e despois castelo dos mouros, foi un importante asentamento castrexo desmantelado con posterioridade para construír a Igrexa de Santa María dos Remedios do municipio.

Prepara as maletas e goza dunha escapada á Valdeorras máis máxica. Agora que se abren os ceos, podes completar a túa aventura coa experiencia Starlight no cumio de Galicia, Pena Trevinca. Se ficas con gañas de máis, mantente conectado á nosa páxina e redes sociais. Xa estamos preparando un novo plan moi refrescante agora que chega o bo tempo nas #TerrasQueSaben

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.