Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

A Veiga

Centro de visitantes ZEC Pena Trevinca

Centro de información

Contacto

Enderezo postal

Aldea A Ponte 61, A Veiga, Ourense

Coordenadas GPS

42.2495184643137, -6.8925189319220594

O Centro de visitantes ZEC Pena Trevinca sitúase na aldea da Ponte, nas instalacións que antigamente albergaron a casa-escola do lugar.

Dividido en dúas plantas, o espazo serve para dar a coñecer os diferentes recursos do Macizo de Pena Trevinca, o sistema montañoso do mesmo, as lagoas glaciares de Ocelo e A Serpe (do Centro ZEC parte o roteiro circular PR-G 200 que leva ata as famosas balsas de auga) ou o Teixadal de Casaio, entre outras paraxes naturais de gran valor.

No centro, os visitantes atoparán tamén información sobre lendas populares, a minería na zona, os maquis -guerrilleiros galegos na época da Guerra Civil española- e as súas trincheiras, o glaciarismo ou o Destino Turístico Starlight, así como elementos etnográficos doados polos veciños de diferentes lugares da Veiga.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.