Contacto
Enderezo postal
Coordenadas GPS
Horario
Entrada
Teléfono
Punto de acollida e información a visitantes, este espazo alberga tamén un centro de interpretación, que conta cunha exposición composta por paneis informativos. A través deles, pódese coñecer o destacado valor natural e paisaxístico do lugar.
Ademais, conta con distintos itinerarios -acondicionados e sinalizados- dispoñibles para descubrir este Parque Natural, así como os seus numerosos puntos de interese turístico-ambientais. Entre eles non faltan os variados miradoiros, nin tampouco espazos como o estreito de Covas, Pena Falcoeira, os Penedos de Oulego ou o barranco de Val do Inferno, especialmente para aqueles que teñan interese na espeleoloxía.
O centro de interpretación é de entrada libre e está aberto durante todo o ano -en horarios determinados-. Existe a posibilidade de reservar visitas guiadas para grupos de 10 a 35 persoas, que se adoitan realizar os venres de modo preferente, e que parten dende este lugar.