Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

Carballeda

Centro de Desenvolvemento Turístico de Fonte da Cova

Centro de información

Contacto

Enderezo postal

Lg. Fonte Da Cova S/n, 32337 Casaio, Province of Ourense

Coordenadas GPS

42.31953938914287, -6.735326698155177

Teléfono

608430149

Aos pés do Macizo de Pena Trevinca, atópase Fonte da Cova, unha zona con moito encanto elevado a uns 1800 metros sobre o nivel do mar. Na década dos 70, nesta zona, existía unha estación de esquí que facía as delicias dos turistas, a zona préstase a realizar sendeirismo, así como outras actividades en contacto coa natureza, debido ao seu enclave único.

O Centro de Desenvolvemento Turístico de Fonte da Cova, punto neurálxico da zona, foi inaugurado en 2007 como un hotel rural, e a pesar de estar pechado uns anos, en 2014 celebrou a súa esperada reapertura. Dende entón, converteuse nunha peza fundamental para os amantes do turismo de aventura ou o turismo gastronómico, xa que conta cun restaurante no que se serve comida típica da zona cun toque moderno. Unha experiencia única para os cinco sentidos.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.