Contacto
Enderezo postal
Coordenadas GPS
Horario
Entrada
Teléfono
Enderezo electrónico
Páxina web
En 2015 as montañas da Veiga foron declaradas como Destino Turístico Starlight, un dos mellores lugares do mundo para observar as estrelas. E é precisamente nestas montañas onde se atopa o Observatorio astronómico de Trevinca, un impresionante espazo inaugurado en 2021 na parroquia de Valdín, a case 1.300 metros de altitude.
O observatorio dispón dun telescopio Ritchey Chretien robótico equipado con dous refractores apocromáticos de 100 e 150 milímetros, que permite recoller incribles fotografías nocturnas de forma totalmente autónoma para a investigación científica. Conta tamén cun telescopio solar de altísima calidade e catro telescopios Dobson para a observación visual.
Para completar a experiencia dos visitantes, o Centro astronómico dispón dun planetario 4K para divulgar o firmamento, varias salas expositivas e mesmo un simulador de voo. Máis aló dos espazos abertos ao público, durante o ano organízanse no centro e na oficina municipal da Veiga, diferentes actividades con aforo limitado que requiren de reserva previa na súa páxina web.