Contacto
Enderezo postal
Coordenadas GPS
Coñecido tamén como Pazo de Arnado ou Castelo de Torre Penelas, trátase dunha construción de finais do século XIX edificada na parroquia de San Clemente de Arnado, no municipio de Vilamartín de Valdeorras. O propietario dos terreos, Don Pedro Sanjurjo Flórez, mandou realizar a edificación como mostra de amor á súa esposa, Dona Pilar Argudín. Con todo, a obra quedou inconclusa polo falecemento deste no 1920. A familia Iglesias Naya pasou a adquirir a propiedade, coa condición de non poder gozala mentres vivise Dona Pilar. Finalmente, a muller faleceu aos 105 anos, xa a finais do século XX. No 2016, a propiedade foi posta á venda e, no 2021, esta pasou a mans do grupo Roandi, que proxecta para o lugar a creación dunha adega e a explotación da leira adxacente mediante a plantación de 30 hectáreas de viñedos de godello e mencía.