Contacto
Enderezo postal
Coordenadas GPS
Páxina web
A localidade de Portela acolle a maior representación de Casas Brasonadas de toda a comarca de Valdeorras. Estas Casas Grandes, como se denominan xeralmente en Galicia, son un claro exemplo da arquitectura civil de entre os séculos XVII ao XIX. Aínda que actualmente contan con algunhas modificacións, son un fiel reflexo do estilo arquitectónico que imperou na comarca. Algúns detalles significativos son a súa pedra avermellada dominando as partes nobres do edificio, así como, as grandes galerías ou balconadas. As máis representativas son a Casa Gayoso, a Casa Grande de Portela e a Casa Camba.
Respecto á Casa Gayoso, aínda que na actualidade é unha casa particular, merece a pena admirar a súa fachada datada entre o século XVII e principios do XVIII. Esta casa pertencente á familia Gayoso (actualmente a María Rosa Gayoso) é unha propiedade fidalga. Non é unha casa de aristócratas senón de burgueses. A pesar de ser reformada, segue conservando elementos etnográficos, como os dous escudos das familias Gayoso e Díaz. Algunhas partes da casa están abertas ao público ocasionalmente, xa que a familia é gran amante da cultura e albergou algunhas exposicións nela.
Sobre a Casa Grande de Portela, pertencente á familia Bustillo Quiroga, foi construído no século XVII, sendo a súa primeira data rexistrada a do ano 1763. Conta cunha superficie total de 1800 m², reflexo do poder da familia e é catalogado oficialmente co número 625 no Inventario do Patrimonio Histórico Gallego – Pazos de Galicia. A casa, que destaca pola súa sobriedade, está dividida en dúas plantas, cun patio interior central percorrido por unha impresionante galería que vira ao redor do edificio. Tamén conta cun torreón, que é a parte máis antiga da casa.