Contacto
Enderezo postal
Coordenadas GPS
Horario
Entrada
Teléfono
Datada de 1637, esta casa señorial está ligada á historia da familia Quiroga. O edificio, de tres plantas, destaca por unha singular fachada que da á Praza de Ramón Otero Pedraio. De planta rectangular, dispón de dous patios interiores nos que non falta a típica pedra vermella da comarca de Valdeorras. Un destes patios está rodeado por unha galería -cunha fonte de pedra calcaria rosada no centro- e conta cunha pequena capela.
Chama tamén a atención a singularidade dos seus xardíns, presididos por unha entrada de altos bananeiros que foron trasladados ao lugar dende América. Entre as especies botánicas que se poden ver, destacan os loureiros e un frondoso magnolio, moi típico das casas señoriais da época.
O edificio, recentemente restaurado, alberga as dependencias da administración galega e estatal. Conta cun gran interese arquitectónico.