Saltar ao contido

Valdeorras

Carballeda

LUGAR DE FAMOSAS BATALLAS

O pasado xace aquí

Valdeorras podería ser un escenario de cinema cos atractivos turísticos de Carballeda, que viviron grandes fitos históricos.

Este pulmón da comarca ofrece unha viaxe no tempo a quen se atreva pisar as súas terras, ademais dun plan moi refrescante.

carballeda de valdeorras-puente-sobradelo

Non te perdas

carballedadevaldeorras-puente-sobradelo

Ponte Nova de Sobradelo

Levantado no século XVII, foi destruído polos mesmos españois para evitar que os franceses cruzasen o río Sil durante a Guerra da Independencia. Xa restaurado, incorporóuselle unha rechamante iluminación que brinda de noite unha gran panorámica.

Teixadal de Casaio

O bosque galego máis antigo, unha xoia única en Europa, de difícil acceso. 400 teixos viviron a conquista romana da Gallaecia e foron testemuño da morte dos últimos defensores celtas, que se suicidaron co veleno desta árbore antes de ser derrotados por Roma.

carballedadevaldeorras-ponton-romano

Ponte sobre o Río Casaio

Parte dunha vía secundaria da Vía Nova. O terreo no que se atopa este monumento pasou por diferentes propietarios e viuse afectado por unha gran riada. Novamente rehabilitado, construíuse nel un miradoiro sobre o río Casaio.

Piscinas naturalizadas

Unha opción perfecta para os días de calor. Unha praia fluvial con piscinas que se serven do río Sil. Un remanso de paz organizado en dúas alturas que conta con zonas de baño e de lecer, e que utiliza un sistema de limpeza 100% natural grazas ás plantas filtradoras que crecen alí.

carballedadevaldeorras-piscinas

Contacto

Enderezo postal

Estrada de Éntoma nº54, 32330, Carballeda, Ourense

Teléfono

988 335 002

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.