Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

Rubiá

Capela da Virxe do Camiño

Monumento relixioso

Contacto

Enderezo postal

Lugar Sobredo, 25, 32320 Sobredo, Province of Ourense

Coordenadas GPS

42.43177, -6.82190

Esta fermosa capela, dedicada á Virxe do Camiño, formaba parte dunha das cinco capelanías existentes no século XVII na Igrexa de Santa Mariña de Rubiá. Este número de confrarías é moi rechamante, dado que naquela época, Rubiá contaba con ao redor de 136 habitantes, un número moi baixo para pagar o imposto das primicias a tantas delas. Grazas a unhas escrituras de 1824, sabemos que a ermida actual non está situada no seu emprazamento primitivo, senón un pouco desprazada cara a un lado. A súa situación facíaa moi útil, non só para fieis, senón tamén para foráneos ou labradores que sufrían as fortes choivas do campo, recorrendo ao seu alpendre como refuxio.

Hoxe esta capela conserva a Virxe do Camiño, unha das figuras relixiosas máis importantes en Rubiá. Unha vez ao ano, a súa imaxe é levada por mulleres da zona vestidas co traxe tradicional galego ata a Igrexa de Santa Mariña para, posteriormente, volver ser gardada na capela. Unha tradición convertida en festa que é digna de ser vivida en primeira persoa.

O seu nome vén derivado polo paso ao seu lado do Camiño de Inverno que entraba en Galicia polos Penedos de Oulego, pasaba por O Robledo, O Porto e xunto a esta ermida, lugar de parada para o peregrino, e que continuaba polo concello de Rubiá, para chegar ao Castro no concello do Barco, e continuar o seu camiño por Valdeorras.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.