Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

Camiños e rutas

Valdeorras é a porta de Galicia e o Camiño de Inverno a súa entrada natural dende a Meseta. Ata 30 quilómetros pola comarca! Percorre practicamente o curso do caudaloso río Sil, cruza as súas pontes e dáche un paseo de conto entre a vide por Carballeda, Rubiá, O Barco, Vilamartín e A Rúa.

Todos os camiños levan a Roma

Esta variante do Camiño foi un acceso utilizado xa polos romanos coa calzada Vía Nova que unía Braga e Astorga, como senda alternativa ás montañas nevadas do Cebreiro. O tramo que pasa polo Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra foi recuperado para os que queiran revivir o pasado.

Todos os camiños levan a Roma

Esta variante do Camiño foi un acceso utilizado xa polos romanos coa calzada Vía Nova que unía Braga e Astorga, como senda alternativa ás montañas nevadas do Cebreiro. O tramo que pasa polo Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra foi recuperado para os que queiran revivir o pasado.

Via Nova

Turismo activo

Para os afeccionados do ciclismo, os fanáticos do viño e os amantes da natureza, a Ruta BTT do Viño de Valdeorras teno todo. Deporte e turismo danse cita neste evento anual que crece edición tras edición, con catas e visitas guiadas paralelas gratuítas para todos os participantes.

Se prefires explorar a zona por libre, goza das nosas propostas de sendeirismo. Aptas para todos os públicos, con maior ou menor desnivel, e de curta e longa distancia. Bótalles un ollo a todos os plans para coñecer o destino Valdeorras como a palma da túa man.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.