Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

O Barco

Banco Miradoiro ao Río Sil de Fervenza

Miradoiro

Contacto

Enderezo postal

32315 Fervenza, Ourense

Coordenadas GPS

42.39952312742048, -7.03648604882966

É un dos puntos de unión entre O Barco de Valdeorras e Vilamartín de Valdeorras. Este banco, que foi construído por dous veciños do lugar de Fervenza, localízase nun camiño que une esta localidade coa veciña de Correxais (Vilamartín) e simboliza esa convivencia entre ambos municipios.

Dende aquí pódese admirar a beleza do curso do río Sil, cos seus fermosos canóns formados ao seu paso pola comarca valdeorresa. Na parte posterior deste banco, poden verse talladas as indicacións dos lugares de Fervenza e Correxais, coas seguintes lendas: “Non hai viño malo” e “Sentidiño, que cabeza ten calquera”.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.