Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

A Rúa

As Pinguelas

Casco histórico

Contacto

Enderezo postal

32357 A Rúa, Ourense

Coordenadas GPS

42.402150675799355, -7.095201431007142

Este conxunto de antigas adegas construídas na beira do regacho da Rúa, destaca polo seu elevado valor etnográfico e patrimonial. Estas estruturas, incluídas dentro do catálogo de bens patrimoniais de Galicia, foron especialmente deseñadas para aproveitar as condicións naturais de temperatura e humidade, ideais para a elaboración e conservación do viño.

Estas adegas centenarias foron escavadas na roca da contorna natural coñecida como As Pinguelas, que destaca polos seus frondosos bosques de árbores a pé do arroio. Ademais de para a produción de viño, estes espazos (coas súas tradicionais covas) servían para conservar frescos os produtos da horta. Nalgúns destes aínda se conservan antigas cubas e prensas, con máis dun século de historia. Nos últimos anos, esta singular área acolleu a celebración do festival das Pinguelas organizado pola mocidade da Rúa.

Moi preto deste enclave, hai varias adegas en plena actividade que permiten coñecer a elaboración dos viños da D.O. Valdeorras.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.