Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

A Rúa

Área recreativa do Aguillón

Área recreativa

Contacto

Enderezo postal

Rúa da Noria, 32350 A Rúa, Ourense

Coordenadas GPS

42.389105, -7.114716

Horario

Sempre aberto

Entrada

Libre e de balde

Este espazo sitúase a medio quilómetro do centro urbano da Rúa, nos arredores do Encoro de San Martiño.

Combina diferentes instalacións deportivas municipais (canchas de tenis, pavillón polideportivo e campo de fútbol) con outro tipo de zonas de lecer. Ademais, destaca un lugar habilitado para autocaravanas, ofrecendo un enclave próximo ao destacado humidal, onde se pode gozar da natureza e practicar actividades deportivas.

Esta área recreativa dispón tamén de mesas e bancos para gozar dun agradable xantar baixo as árbores. Complétase cun amplo parque infantil que fai as delicias dos máis pequenos. Un espazo estupendo para gozar dun día diferente en familia.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.