Saltar ao contido

Valdeorras

Tempo actual en Valdeorras
loader-image
temperature icon 14°C

Vilamartín

Aldea de Córgomo

Vila singular

Contacto

Enderezo postal

Lugar de Córgomo, 32348 Vilamartín de Valdeorras, Ourense

Coordenadas GPS

42.4268659728023, -7.034431907626537

Córgomo é un pequeno núcleo de poboación situado en Vilamartín de Valdeorras. Na súa contorna concéntranse boa parte dos viñedos do municipio, dende onde poden observarse espectaculares vistas de todo o val do Sil, así como algunhas das adegas máis coñecidas da D.O. Valdeorras.

Ademais de polo seu valor etnográfico, é coñecido por ser o lugar de nacemento en 1903 de Florencio Manuel Delgado, destacado escritor, político e defensor da lingua galega que se viu forzado á emigración tras o estalido da Guerra Civil española en 1936. Tras pasar por Francia e Barcelona estableceuse en México, onde se converteu nunha figura destacada do exilio galego e fundou as revistas Saudade e Vieiros, o Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista, o Ateneo de Galicia en México e o programa de radio “Hora de Galicia”, que se mantivo en antena durante máis de 30 anos.

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.